Está situada no lugar da Castronela, na parroquia de Xiá, no concello de Friol, na provincia de Lugo.
Foi construída nos séculos XII ou XIII pertencendo a familia dos Vasco de Seixas, pese a que as súas orixes son mais remotas. Xa na idade de ferro existá no mesmo lugar un castro. No século XV sufriu os ataques dos irmandiños.
No século XVIII pasou a mans dos Campomanes , que a habitaron e reformaron nos dous séculos seguintes e, a finais do século XIX, lla venderon á familia Novo.
Ésta, pola súa volta, vendeulla por 5.000 Pesetas a un novo propietario que pretendía derrubala para reutilizar a pedra. Por iniciativa do director do Museo Provincial de Lugo, Manuel Vázquez Seijas, a Deputación de Lugo adquiriuna en setembro de 1939 polo dobre dese prezo.
En 1983, o arqueólogo Felipe Arias Vilas converteuna na sección de etnografía do Museo Provincial de Lugo (Museo etnográfico e histórico de San Paio de Narla).
Aquí tedes unha serie de fotos do exterior e interior da fortaleza:
No hay comentarios:
Publicar un comentario